La Obra sigue creciendo
RENOVACIÓN DE AUTORIDADES.
A OBRA SEGUE CRECENDO.
Nun dos seus últimos actos como Presidente da entidade, Avelino García Melle inauguraba un hórreo construído en Galicia, grazas á donación efectuada polo Sr. José Branco Pazos. O acto tivo lugar no xardín “Rosalía de Castro” do Campo de Deportes “Galicia” de Olivos e contou coa presenza do donante, un permanente defensor da obra que realiza o Centro Galicia de Bos Aires. É de destacar neste acto a presenza de D. Fernando Amarelo de Castro, Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, funcionario galego que, de regreso a Galicia e previo estar na capital fueguina, Ushuaia, non quixo estar ausente neste acontecemento.
Mil novecentos noventa e sete, asoma coa renovación de 1as autoridades da Xunta Directiva, presidida por Manuel Peleteiro Pérez, logo de realizada Asemblea Xeral Ordinaria o 28 de abril.
No entanto toda a concentración que se puxo para culminar a Primeira Etapa do Instituto “Santiago Apóstolo”, a nova Xunta Directiva non quería deixar pendente a súa Terceira Fase de construción da Nova Sé Social.
Non sen grandes afáns, a obra que abarca o Terceiro Piso desa construción, na cal instalaranse a Sala de Xunta Directiva, Secretaría Xeral, Presidencia, Salas de Reunións para Comisións, Sector Administrativo e de usos múltiples foi efectuándose, ata chegar a hoxe, marzo de 1998, onde podemos dicir con orgullo que as obras desa fase están terminadas.
REFLEXIÓN FINAL
A partir do 8 de marzo de 1998, seguramente as respectivas historias destas entidades terán camiños non distintos, pero si menos vinculantes, dados os seus correspondentes propósitos. Pero, ningunha delas negará ese tronco común que as une, o cal está constituído por un grupo de homes e mulleres valentes, que non escatimaron tempo individual e intelectual para brindar novas alternativas de supervivencia da nosa Comunidade a través dos anos.
Miles de persoas, protagonistas centrais algúns, anónimos actores que apoiaron en todo momento un proxecto, outros, pero contaxiados todos por unha audacia sen par. Xentes que non perderon as esperanzas nos peores momentos, cando a situación político-institucional do país non permitía crecer en democracia, pero firmes nas súas conviccións de cooperar cos seus fillos e netos. Persoas que non dubidaron en comezar a executar a obra que reclamaban as xeracións actuais de galegos emigrados, conforme o anhelo establecido nas bases de unidade de 1979. Asociados e directivos que non se amilanaron, que non perderon a confianza cando todo o que hoxe se pode apreciar na obra deste Centro era “unha tolemia”. En síntese, homes e mulleres que, a puro corazón, cunha fe inquebrantable, coa certidumbre de que os pasos que daban deixarían unha pegada imborrable na historia da súa Comunidade na Arxentina, deixarían un espazo, por sobre todo real, onde as futuras descendencias cultiven o seu corpo e intelecto; para que crezan, máis aló das posibilidades que, nalgún momento, souberon ter neste país os seus pais e /ou avós.