Día de Galicia

Justo antes de empezar las vacaciones de invierno, como viene siendo tradicional, desarrollamos el acto conmemorativo del Día de Galicia.

En esta ocasión el alumnado del centro rindió homenaje a Roberto Vidal Bolaño llevando de nuevo a escena el texto Touporroutou da lúa e do sol.

Esta obra, que fue estrenada el 26 de abril dentro de las actividades que la Xunta de Galicia desarrolló con motivo de la 39.ª Feria del Libro de Buenos Aires y que contó entonces con la presencia de destacadas personalidades académicas y políticas, simboliza el vínculo indisoluble del Santiago Apóstol con el patrimonio cultural gallego y nuestra humilde contribución desde esta orilla del Atlántico en la defensa y difusión de su cultura. 

 

 

Roberto Vidal Bolaño é unha figura imprescindible para comprender a dimensión do Teatro Galego e, xa que logo, do noso sistema literario.

Desde aqueles inicios nos anos setenta, coa mítica Xeración Abrente, ata o ano mesmo da súa morte, a produción literaria de Vidal Bolaño é constante e sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable. Só uns meses antes do seu pasamento, no número 50 da revista A Trabe de Ouro publicouse o texto do seu monólogo Sen ir máis lonxe, que Méndez Ferrín cualificou como o seu testamento dramático. Ese mesmo ano a Real Academia Galega nomeouno Académico Correspondente.

Aínda que morreu novo, Vidal Bolaño é, sen dúbida,  o dramaturgo máis prolixo da historia da nosa literatura.

A súa produción caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. Roberto Vidal Bolaño non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX.

Foi tamén un excelente actor e un dos pioneiros da produción audiovisual en Galicia. O seu traballo como director e como guionista tamén merece unha consideración especial polas liñas que deixou trazadas para o desenvolvemento dun campo audiovisual galego que se expresase na lingua propia e dialogase co resto dos nosos campos culturais.

Por enriba de todo, foi un extraordinario escritor. Fixo literatura dramática a consciencia, con vontade de intervir no sistema literario galego, de dialogar con outras obras e autores, de apoiarse nos nosos clásicos (como Rosalía, Otero Pedrayo ou Cunqueiro, por exemplo) e na obra dos seus contemporáneos. Súa foi a translación aos escenarios do Percival de Méndez Ferrín, ou do Xelmírez de Cortezón ou da Rosalía de Otero Pedrayo. Era un escritor consciente da pertenza da súa obra a un sistema literario rico e dinámico, en constante desenvolvemento.

 

Fonte: Real Academia Galega