Visita de Juan Carlos Cambas
O prestixioso músico arxentino Juan Carlos Cambas, quen reside en Galicia dende hai 12 anos, visitou o noso instituto e mantivo un encontro no salón Valle Inclán co alumnado maior da nosa institución.
Na devandita charla, o compositor explicoulles aos mozos e mozas a esencia da súa música e fixo fincapé na riqueza cultural que a comunicación entre as dúas beiras do Atlántico achega hoxe en día a ambos os dous pobos, Arxentina e España.
Por riba do anterior, o mestre interpretou varios temas para deleite do auditorio e respondeu as moitas preguntas que se lle formularon.
Achegámoslles varias instantáneas da charla e datos biográficos do músico a quen poderán ver acompañando á artista portuguesa Dulce Pontes, o vindeiro sábado, día 25, no Teatro Coliseo da nosa cidade.