Visita de Ernesto Monsalve

Grazas á xenerosidade das Consellerías de Cultura e de Educación da Embaixada de España na Arxentina o alumnado do Instituto Santiago Apóstol puido asistir a unha clase maxistral do compositor e director de orquestra, Ernesto Monsalve.

Durante máis dunha hora o artista interactuou co alumnado e achegoulles a música clásica dun xeito divertido, ameno e instrutivo.

Como remate da súa presentación interpretou dous temas musicais.