O Santiago Apóstol estivo presente en Buenos Aires Celebra Galicia
Malia as inclemencias meteorolóxicas, o Santiago Apóstol estivo presente na Avenida de Mayo para participar nos festexos de “Buenos Aires celebra Galicia”, os cales serviron para irmandar a numerosa colectividade galega e estreitar vínculos solidarios e construtivos.
O noso centro educativo tiña previsto desenvolver varias actividades lúdico formativas que o rigor climático impediu levar a cabo. Con todo, o grupo de bailes tradicionais puido presentar dúas coreografías e no posto instalado na rúa mostrou diferentes traballos dos mozos e mozas para que os presentes puidesen coñecer algunhas dos proxectos formativos que a institución leva a cabo.