Inauguración da mostra de carteis publicitarios
No marco do 2.º Festival de Curtametraxes Audiovisuais sobre Ecoloxía “+Vídeos +Verdes”, o cal forma parte do proxecto institucional “Escolas Verdes”, o martes 8 de agosto pola mañá desenvolvemos a inauguración do “Concurso de carteis publicitarios” na Sala Luís Seoane do Centro Galicia.
O motivo que reuniu a alumnado, docentes, familias e integrantes do Obradoiro de Radio e TV foi o de alentar e difundir a participación no festival de curtametraxes que se realizará entre agosto e setembro.
As pezas gráficas, deseñadas por alumnos e alumnas de 6.º e 7.º grao do nivel Primario e 1.º e 2.º curso do nivel Secundario, foron confeccionadas a través do programa Adobe Photoshop, unhas, e con técnicas manuais, outras. En total, 71 carteis presentáronse a concurso.
O venres, día 11, nun acto destinado ao alumnado, o obradoiro que xerou a proposta anunciará os ganadores de cada categoría. Os carteis seleccionados serán reproducidos e fixados en espazos comúns do colexio para promocionar o festival deste ano que inclúe, ademais de rapaces e rapazas, as familias e docentes.
O festival e as súas actividades son parte dun convenio de colaboración académica entre o Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo e Acuarela Campus S. L. que dirixe o cineasta e documentalista Xan Leira.
Para ver fotos do acto pica acó