Día das Letras Galegas 2014
Nun acto desenvolvido na Aula Magna Víctor M. Vázquez Portomeñe o instituto Santiago Apóstol homenaxeou a Xosé María Díaz Castro co gallo do Día das Letras Galegas 2014.
A actuación do coro escolar interpretando unha cantiga medieval do século XIII do trobador Joao de Requeixo; a lectura de 5 poemas inseridos no libro “Nimbos”; a interpretación do poema “Penélope” a cargo de 5 mozos do nivel Secundario e a actuación do grupo musical “Alimarias de Teixido” interpretando o poema “Coma brasas” puxeron un marco de honra a tan sinalada data.
Con todo, a sorpresa final correu a cargo do músico Roi Casal quen tivo a deferencia de acompañar ao centro educativo e vir con parte da súa banda interpretar varios temas como peche da actividade.