CROSS 2º ANO SECUNDARIO

Eran as 3:00 da tarde cando chegamos ao club, sentíase o espírito competitivo de todos. Cando chegamos ao club e achegámonos á pista de atletismo, todos os equipos estaban preparando técnicas para poder gañar. Os equipos estábanse preparando cando chegou o momento da largada.

O primeiro en saír foi Vladimir Rodino, quen chegando primeiro logrou facer o mellor tempo (7:40), seguido por Lucas Posse, Martín Ortega e Tomás Gonzáles, quen mantiveron o seu posto ata o final da carreira; pola contra Agustín Silberstein, alias “Pato” non lle intereso saír último ou primeiro e case abandona a carreira cando lle faltaba mais da metade do percorrido.

Un dos que mellor correu foi Lucas Goas, alias “Panda”, quen comezou sendo un dos últimos, e logrou pasar á maioría dos participantes quedando en 4º posto. O equipo da Coruña viuse moi afectado pola falta dun dos seus participantes, Nicolás Lemos, debido a que o puxeron en último posto, e pato chego en anteúltimo posto, deixando así á Coruña con aproximadamente 27 puntos en contra.

Polo lado Ourense non houbo moito problema debido a que dous dos seus participantes lograron saír entre os tres primeiros postos.

Por parte das mulleres a maioría estiveron moi parellas, descartando a algunhas das concursantes que se fixeron trampa e e fixeron unha volta menos, cambiaron os números.

 

Lista de chegada:

Homes:

1. Vladimir Rodino 2. Martín Ortega 3. Lucas Posse 4. Panda 5. Tomas Gonzáles 6. Rodrigo Chantada 7. Santiago Peralta 8. Peta Blumin 9. Sebastián Núñez 10. Federico Otero 11. Gonzalo Creimerman 12. Juanchi 13. Pato Silberstein 14. Nicolás Lemos

 

Mulleres:

1. Eliana Dytrich 2. Vitoria Espada 3. Ivana Fenda 4. Rocío Gonzáles 5. Belén Lopardo 6. Lara López 7. Carla Ladrido 8. Belén Besteiro 9. Lucía Alvite 10. Tamara Moreno 11. Ximena Alvite 12. Paula García 13. Melina Araneta 14. Sofía Chaúl 15. Macarena Gonzáles 16. Ana Chelía 17. Paula Leone 18. Agostiña Fontinovo 19. Ana Reboredo

 

Autor: Nicolás Tanil (2º B Secundario)