Conferencia de Ánxela Gracián

A escritora e tradutora Ánxela Gracián visitou as nosas instalacións para impartir unha conferencia ao alumnado que, baixo o título “O escritor tradutor: Un truxumán infiel”, permitiu aos rapaces e rapazas coñecer de primeira man as dificultades coas que se atopan os tradutores ao pasar unha obra literaria dun idioma a outro.