Novedades

Venres 22 de Marzo

Proxecto “Quen somos?”

As salas de 3 anos están traballando o proxecto “Quen somos?”. A través desta iniciativa buscamos propiciar o recoñecemento entre pares, xerar un sentido de pertenza e promover o desenvolvemento de habilidades motoras, sempre nun contexto de xogo e exploración. VIDEO AQUÍ

Venres 22 de Marzo

A eurodeputada galega Ana Miranda Paz visitou o noso colexio

Aproveitando unha viaxe de traballo a esta cidade, a eurodeputada Ana Miranda Paz visitou o noso colexio e mantivo unha xuntanza coa Delegación arxentina da Fundación Galicia América. Nesta reunión coñeceu de primeira man, entre outros aspectos, os proxectos e as novas dinámicas de traballo que está deseñando o noso instituto. Ademais, a representante galega na Unión Europea entregou para a biblioteca do Santiago Apóstolo o libro “Golpes de luz”, obra de Ledicia Costas, autora referente da literatura galega actual a quen aprezamos moito dende aquel fermoso encontro que desenvolveu co noso alumnado no ano 2016.

Luns 26 de Febreiro

Comezo do ciclo lectivo 2024

Hoxe pola mañá principiamos as clases no noso centro educativo co desenvolvemento de dous actos institucionais de benvida. Logo da interpretación dos 3 himnos do noso colexio, a licenciada Julieta D´Angiolillo, directora dos niveis Inicial e Primario, agradeceu a confianza que as familias depositan no noso quefacer cotián e deixou constancia da “oportunidade de renovar as nosas esperanzas e aspiracións, de forxar novos lazos e trazar novos camiños en pos do coñecemento e crecemento persoal”. Asemade, fixo fincapé na importancia de “pensar estratexias pedagóxicas que involucren activamente aos estudantes no seu propio proceso de aprendizaxe” e afirmou: “Queremos que sexan protagonistas da súa educación, que se sintan motivados e responsables do seu propio crecemento intelectual e persoal”. Un pouco máis tarde, comezaron a actividade lectiva os nenos e nenas de 4 e 5 anos e os 2 grupos de primeiro grao de Primaria. A coordinadora do nivel Inicial, profesora Daniela Maldonado, saudounos trasladando a súa alegría polo entusiasmo que se palpaba no salón e animou a toda a comunidade educativa a xerar aprendizaxe nun ambiente san e confortable. Logo destas palabras, os estudantes encamiñaronse ás aulas acompañados das súas docentes e, nesta ocasión especial, tamén dos seus familiares. Pola súa….

Mércores 27 de Marzo

Día de la Memoria, la Verdad y la Justicia

Conmemorando o Día de la Memoria, la Verdad y la Justicia –data resaltada no calendario oficial da Dirección Xeral de Educación de Xestión Privada– os cursos de 1.eiro a 4.º ano do nivel Secundario viron a película “Arxentina, 1985”. Asemade, 5.º ano percorreu o Espazo para a Memoria ex CCD “Vicerrei Cevallos”, actividade esta que estivo coordinada polas profesoras Natalia Narváez e Marta Villar.

Luns 26 de Novembro

Luar na Lubre no Santiago Apóstol

Bieito Romero e Patxi Bermúdez, integrantes do grupo Luar na Lubre, visitaron o noso colexio na mañá de hoxe. Logo do fantástico concerto ofrecido no día de onte na Usina del Arte e grazas ás xestións desenvolvidas polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o líder e fundador da excelsa agrupación folk galega dialogou co alumnado maior da institución que o agardaba expectante. Asemade, recibiu o agarimo de todos os mozos e mozas que lle interpretaron un ensamble musical dirixido pola profesora Julia Faletty baseado en temas do seu propio grupo. Ademais do anterior, Bieito e Patxi mantiveron un encontro cos membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia América no que coñeceron a realidade institucional e interiorizáronse do traballo que o centro educativo leva adiante. Antes de marchar para Uruguai, onde teñen programado outro concerto, asinaron o libro de ouro institucional. MÁIS FOTOS AQUÍ