Novedades

  • Mércores 14 de Agosto

    7° curso e secundaria

    Continuando coa articulación entre 7.º grao e o nivel secundario, algúns mozos e mozas de 4.º e 5.º curso de bacharelato mantiveron un encontro co alumnado do último curso de primaria para analizar aspectos vinculados ao nivel superior e aqueloutras particularidades do Santiago Apóstolo. Asemade, os maiores responderon preguntas, algunhas que, previamente, foran pensadas xunto coa directora dos niveis inicial e primario e outras que foron xurdindo no momento. Foi unha experiencia agradable e enriquecedora que continuará noutros encontros e con máis actividades en conxunto co Equipo de Orientación Escolar.

  • Mércores 17 de Xullo

    Día de Galicia 2019

    O pasado mércores, día 17 de xullo, antes de principiar as vacacións de inverno, o alumnado do noso instituto preparou –coma todos os anos– un acto conmemorativo do Día de Galicia, festividade maior da Comunidade Autónoma Galega. A alumna Paloma Guzmán e o alumno Luca Posatini Sáez presentaron un evento no que todos os niveis do centro educativo desenvolveron actuacións musicais variadas perante todo o alumnado da escola e moitas familias que se achegaron para compartir a festividade. Os presentadores deixaron claro, dende o comezo, que co acto desexaban “honrar a terra que fortalece a nosa educación; terra puxante hoxe grazas en parte ao esforzo anónimo dos que a queremos e respectamos”. E engadiron: “Moitos de nós levamos a Galicia no ADN que nos legaron os nosos pais, avós e bisavós; outros non temos vínculos de sangue con ela. Sexa como for, nuns e noutros casos a terra galega e todo o que representa forma parte inalterable da nosa personalidade e, con certeza, que se saiba ben nesta e naqueloutra beira do Océano Atlántico, sentímonos orgullosos de pertencer a unha comunidade marabillosa que nós tamén axudamos a construír, e isto, nada nin ninguén o poderá tronzar.” Logo da cerimonia protocolaria….

  • Xoves 11 de Xullo

    Acto conmemorativo da Declaración da Independencia da Arxentina

    As salas de 3 anos contáronnos cales eran os xogos que os nenos e nenas da época practicaban mentres os adultos se reunían para decidir a independencia da Arxentina. Algúns dos xogos explicados practicábanse con aros, en roldas, con bonecas de trapo ou de porcelana, con cabaliños… E tamén se mostrou a “chueca”, divertimento predecesor do hóckey.

  • Venres 21 de Xuño

    Xornada centrada na Educación Sexual Integral

    O 21 de xuño desenvolveuse un novo encontro escolar dentro da “Xornada de Educación Sexual Integral” deseñada polo Ministerio de Educación da Cidade Autónoma de Bos Aires e no nivel Inicial desenvolvéronse moitas actividades. Na Sala de 2 anos (branca) os nenos e nenas escoitaron a lectura do conto “Pescozo duro” de Elsa Bornemann e, a partir del, compartíronse diferentes actitudes e valores reconstruíndo o conto con figuras para rexistrar e reflexionar acerca do que o outro sente. Na Sala de 2 anos (violeta), dentro do proxecto “Recoñecemento do corpo” o alumnado escoitou a canción “Debuxando o meu corpo” e, posteriormente, deseñaron as súas propias siluetas. As salas de 3 anos traballaron o coidado do corpo. Leron “Contos de Ulises: Non se quere bañar” de Marcela Czarny e despois da lectura, bañaron con escuma aos bebés da sala. Na sala de 4 anos (amarela) leron os contos “Quérome como son” e “Non me gusta ser linda”. Despois, cantaron unha canción de Hugo Midon e realizaron xogos con espellos. Asemade, a sala de 4 anos (laranxa) leu o conto “O corpo de Isidoro” de Esteban Valentino e realizou xogos e roldas sobre as emocións e o corpo. Pola súa parte, os….

  • Venres 16 de Agosto

    Xornada ESI en 2.º grao

    Durante a xornada dedicada á Educación Sexual Integral (ESI), 2.º do nivel primario traballou como eixe central as emocións. Deste xeito, os nenos e nenas do curso desenvolveron diferentes actividades (lotería emocional, lectura e comprensión de texto, escritura…) para enmarcar o tema e focalizar a mirada, de forma particular, no anoxo. Para isto, o alumnado pensou nas situacións que lle causan irritación e reflexionou sobre como actuar diante delas. Foi unha xornada pedagóxica moi produtiva.

  • Mércores 14 de Agosto

    7° curso e secundaria

    Continuando coa articulación entre 7.º grao e o nivel secundario, algúns mozos e mozas de 4.º e 5.º curso de bacharelato mantiveron un encontro co alumnado do último curso de primaria para analizar aspectos vinculados ao nivel superior e aqueloutras particularidades do Santiago Apóstolo. Asemade, os maiores responderon preguntas, algunhas que, previamente, foran pensadas xunto coa directora dos niveis inicial e primario e outras que foron xurdindo no momento. Foi unha experiencia agradable e enriquecedora que continuará noutros encontros e con máis actividades en conxunto co Equipo de Orientación Escolar.

  • Mércores 14 de Agosto

    7° curso e secundaria

    Continuando coa articulación entre 7.º grao e o nivel secundario, algúns mozos e mozas de 4.º e 5.º curso de bacharelato mantiveron un encontro co alumnado do último curso de primaria para analizar aspectos vinculados ao nivel superior e aqueloutras particularidades do Santiago Apóstolo. Asemade, os maiores responderon preguntas, algunhas que, previamente, foran pensadas xunto coa directora dos niveis inicial e primario e outras que foron xurdindo no momento. Foi unha experiencia agradable e enriquecedora que continuará noutros encontros e con máis actividades en conxunto co Equipo de Orientación Escolar.

  • Domingo 21 de Xullo

    SEMANA DA MATEMÁTICA NA UBA

    O alumnado de 4.º e 5.º curso do nivel secundario, acompañado polas profesoras Bibiana Rodríguez e Carolina Bruno, participou da Semana da Matemática no Pavillón II da Cidade Universitaria da Facultade de Ciencias Exactas e Naturais da Universidade de Buenos Aires (UBA), no marco do Proxecto das Semanas da Ciencias. Durante a visita, os mozos e mozas asistiron na Aula Magna á charla “Matemática en Wall Street”, na que se expuxeron os diferentes roles que pode ocupar un matemático no mundo das finanzas e concorreron a un obradoiro de Arte Matemática, no que o alumnado –grazas a softwares interactivos– creou as súas propias obras e apreciou os conceptos fractais e a xeometría do espazo empregando o programa interactivo SURFER para a conexión entre álxebra e xeometría e o programa BRITNEY destinado a realizar fractais interactivos. Asemade, mediante diferentes xogos matemáticos, os visitantes puideron pór en práctica ideas, conceptos e teoría de xeito entretido, e grazas a vídeos e pósteres visualizaron conceptos e aplicacións da matemática en problemas concretos da vida diaria.

Canales de Video